- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-18567-61-2
- Páxinas:
- 92
- Encadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- < Xenérica >
CASTELAO É NOSO
MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS
Este breve ensaio reúne os escritos que Xosé Luís Méndez Ferrín dedicou á figura política de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete entregas) dos que titulou como «Castelao é noso», recollendo así un verso dun coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro. Ferrín reinvidica un Castelao «para os demócratas, os nacionalistas e os antifeixistas» e critica a apropiación da súa figura por quen non defende o que o ideólogo do nacionalismo galego deixou realmente escrito no seu célebre Sempre en Galiza. A presente edición, supervisada polo propio autor, está ao coidado do catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo.