0
CHÁMAME SEÑORA, PERO TRÁTAME COMA A UN SEÑOR

CHÁMAME SEÑORA, PERO TRÁTAME COMA A UN SEÑOR

LÓPEZ SILVA, INMA

19,70 €
IVE incluído
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2018
ISBN:
978-84-9151-258-5
Páxinas:
188
Encadernación:
Rústica
Colección:
Feminismos
19,70 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Memoria perosal do machismo na cultura
Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma quen que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. Non aturo as que se fan as parvas cando é evidente que as engurrar na pel e as canas no pelo delatan que xa non están na idade da inocencia. Tampouco creo a esas que pretenden xustificar os seus fracasos ou desilusións valéndose da inxenuidade. Hai actitudes que, a unha certa idade, beirean o ridículo. Especialmente, nunca crin que, aos meus anos, as escritoras poidamos comportarnos coma se aínda puidésemos ser princesas. No fin de contas, diso se trata cando unha pretende algo máis ca escribir poemiñas para conquistar corazóns.
Diso fala este libro.
É, se se quere, unha perda da inocencia, unha ruptura con certos silencios, mesmo un balance de máis de vinte anos de dedicación á literatura. Este libro desexa ser tamén un xesto de coherencia, pois creo fondamente na necesidade do pronunciamento político daquelas persoas que temos a capacidade de erguer a nosa voz, un berro que, no meu caso, só pode ser feminista.
Non sei por que adoita crerse que o espazo literario está libre de todos os vicios machistas que funcionan no resto da sociedade, coma se, por ser máis culta e etéreo, fose mellor ca o andamio dunha obra. Pois non é certo. Hai machismo no mundo da literatura, e decidín contalo.
Non é obrigatorio lelo.
Que peche o libro quen crea que vai atopar aquí un relato riquiño sobre o feito de ser escritora. Iso que o fagan as que van de inocentes.
Por iso este tampouco é un ensaio ao uso.

Artículos relacionados

  • CUANDO YA NADA ES URGENTE
    CUANDO YA NADA ES URGENTE
    PIQUERAS, PEDRO
    Tras más de cincuenta años de profesión, Pedro Piqueras, uno de los periodistas más reconocidos de nuestro país, anunció su retirada en una sincera despedida que nos emocionó a todos.Ahora, disfrutando de una vida más tranquila y lejos del directo, el autor se sumerge en un relato en primera persona que relativiza los éxitos y los fracasos, resalta el valor de los pequeños deta...

    20,90 €

  • O POVO IMPROVISADOR
    O POVO IMPROVISADOR
    SECHU SENDE
    Este livro está escrito mas fala de poesia oral. Fala de mistérios, aventuras e curiosidades do repente galego, um mundo cheio de oportunidades para mudar a realidade do século XXI com as vozes, as músicas e as palavras do povo. Improvisar implica abrir caminhos novos, fugir dos tópicos, com criatividade e rebeldia. Porque se fizeres o que sempre fizeste, terás o que sempre tiv...

    16,00 €

  • OCHO JUEVES
    OCHO JUEVES
    DEL RÍO, PABLO
    Una historia que te lleva hasta los últimos recovecos del alma humana, pues a las montañas les gusta guardar secretos.Del autor de Doce abuelas, una nueva novela llena de ingenio y giros inesperados con toques de humor irónico.El hallazgo de un esqueleto en una cueva cántabra y el ataque deliberado a un tenista famoso tiene un solo punto de conexión: un hospital en Santander. ¿...

    11,90 €

  • UXOA, EL SECRETO DEL VALLE
    UXOA, EL SECRETO DEL VALLE
    SAN BASILIO, PALOMA
    Tras la muerte de su hermana mayor y compañera de vida, Ágara abandona, desolada, el hogar de la familia en el madrileño barrio de Chamberí para refugiarse en Uxoa, el caserío heredado en el valle de Baztán, en Navarra.Allí va recuperando la calma perdida, al mismo tiempo se despierta en ella la necesidad de bucear en sus orígenes, para así saber cómo Uxoa, la preciada reliquia...

    23,90 €

  • AHORA QUE VUELVO A VIVIR
    AHORA QUE VUELVO A VIVIR
    GORRO, TAMARA
    ¿Alguna vez te has sentido perdido, sin rumbo, con miedo y atrapado en tus inseguridades?Este libro es un espejo en el que te verás reflejado y donde Tamara Gorro, después de pasar por una depresión, reflexiona sobre los temas de la vida cotidiana que nos afectan: los complejos, el dolor, el duelo, la soledad o la autoexigencia.Pero más allá de las dificultades con las que nos ...

    18,90 €

  • SEIS COCODRILOS
    SEIS COCODRILOS
    DEL RÍO, PABLO
    Los mejores amigos pueden ser los peores enemigos Una mujer recoge conchas en una playa de la costa sur inglesa. Al levantar la vista, advierte la silueta de un motorista cayendo des­de un acantilado. Seis días antes, un inglés adinerado se presenta en una joyería de Londres con un anillo que el joyero reconoce al instante, y que tiene algo de perturbador.Mientras tanto, Ad...

    21,90 €

Outros libros do autor

  • AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte...

    25,15 €

  • ESCOLA DE MULLERES
    ESCOLA DE MULLERES
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Escola de mulleres é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposible. E así a súa ...

    22,80 €

  • QUEN NON TEN UN AVÓ FASCISTA?
    QUEN NON TEN UN AVÓ FASCISTA?
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia.Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unh...

    23,65 €

  • O LIBRO DA FILLA
    O LIBRO DA FILLA
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Un gran thiller político, intimista, sentimental e social.Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, un condenado por agresión sexual á súa filla que sostén ser vítima dun complot argallado pola súa ex-muller e que desexa lavar a súa imaxe a través desa reportaxe. No proceso, sairán á luz historias ocultas que quizais é mellor non sab...

    23,25 €

  • MATERNOSOFÍA
    MATERNOSOFÍA
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. Se é que son misterios. Cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen le, o texto flúe ameno, enxeñoso, burlón. Non se trata de exaltar a maternidade senón de exalt...

    17,45 €

  • MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ (PREMIO BLANCO AMOR 2007)
    MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ (PREMIO BLANCO AMOR 2007)
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Premio Blanco Amor 2007. Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista deste relato e...

    23,40 €