- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-1343-179-6
- Páxinas:
- 330
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca de Pedagoxía
CHÉVERE 1987-2022 TRINTA E CINCO ANOS DE AXITACIÓN CULTURAL. ISTO NON PODE SER O
CHEVERE
Chévere fai 35 anos e celébrao, logo de dous anos
de estrañas circunstancias, traballando arreo
e reencontrándose co público para ofrecerlle de novo
algunhas das súas creacións máis senlleiras.
Como parte desta celebración sae do prelo un volume
no que os lectores e lectoras, poderán afondar
na historia da compañía dende os comezos,
na Compostela de 1987, ata os últimos acontecementos
logo da pandemia, pasando pola etapa da Sala Nasa,
o Nunca Máis ou o Premio Nacional de Teatro concedido
polo Ministerio de Cultura no ano 2014 pola súa coherente
traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros
e conexión crítica coa realidade.
Narrado en primeira persoa nun formato dialogado
e profusamente ilustrado, esta obra achéganos da man
dos seus integrantes o proceso de creación das producións
máis significativas, algunhas editadas xa por Kalandraka
na Biblioteca de Teatro.