- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2004
- ISBN:
- 978-84-9782-243-5
- Páxinas:
- 360
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- Universitaria
COGOMELOS DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL
CASTRO, MARISA
?Cogomelos de Galicia e norte de Portugal? é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia. Desde o rigor científico e o alto nivel de esixencia da súa autora, a bióloga e profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, este libro aborda múltiples facetas de coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, desde as cuestións máis científicas, como a súa situación taxonómica e clasificación, a súa nomenclatura e etimoloxía, a súa morfoloxía, os seus cheiros e arumes, as claves dicotómicas para identificalos, a outras cuestións como a elaboración dunha micoteca ou herbario de cogomelos, a toxicidade e as intoxicacións, un extenso e detallado catálogo de cada unha das especies acompañadas dunha amplísima documentación gráfica, e tamén aspectos máis divulgativos e lúdicos como a súa gastronomía (con numerosas receitas de cociña), a súa presenza na literatura, na artesanía, etc., acompañados de varios índices eficaces para a súa localización, que fan deste libro unha guía fermosa e útil.