
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-1176-379-0
- Páxinas:
- 196
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Feminismos
CONTÁRONME UN CONTO MAL CONTADO
ONDE ESTABAN AS MULLERES NA HISTORIA?
ALONSO MORENO, CLAUDIA VALERIA / BRAVO BOSCH, MARÍA JOSÉ
Ao longo dos séculos, os varóns foron tanto autores como protagonistas do relato histórico, e este monopolio desembocou nunha escaseza de referencias ao universo feminino, máis, cando se daban, amosaban unha serie de estereotipos que calaron profundamente na sociedade, probablemente porque contribuían a manter e fundamentar os piares da ideoloxía patriarcal imperante.
Este traballo, elaborado por un grupo de historiadoras vinculadas á Universidade de Vigo, pretende visibilizar o papel das mulleres realizando un percorrido desde a Prehistoria ata o século IV, e así amosar unha secuencia de realidades variadas que transcorren, ou se refiren, ás primeiras épocas históricas aplicando nas súas análises distintas perspectivas e metodoloxías.