- Editorial:
- SACAUNTOS, S. COOP. GALEGA
- Ano de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-16121-65-6
- Páxinas:
- 160
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
CONTOS ESTRAÑOS 10. A SOMBRA PRIMIXENIA
AUTORES VARIOS
«Que non está morto o que eternamente pode xacer,
e cos eóns estraños mesmo a morte pode morrer»
Estes versos do aborrecido Necronomicon perséguennos no soño e na vixilia. Na marxe da nosa mirada, unha imaxe esvaída e imposíbel lémbranos que non estamos sós, que non somos a única especie intelixente. Uns ollos sen pálpebras aséxannos desde os fríos baleiros interestelares, onde unha criatura demente e grotesca toca nunha frauta escachada unha melodía impía que bailan unhas deidades sen nome. Nas profundidades do mar, baixo os desertos de Arabia e de Australia, tras as montañas imposíbeis da Antártida, nos pantanos lamacentos de Nova Orleáns e quizais tamén soterradas nos outeiros vellos da Galiza, as sombras numinosas duns seres primixenios tremen no momento en que o soño eterno dá paso a un novo espertar aterrecedor.
Acompáñanos aos eidos da loucura nestas páxinas cheas de fantasías que quizais sexan algo máis que ficcións.