0
CORRE CORRE, CABACIÑA

CORRE CORRE, CABACIÑA

MEJUTO, EVA

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2017
Materia
Prelectores, de 0 a 5 anos
ISBN:
978-84-9871-532-3
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Non vin vella nin velliña,
nin velliña nin vellón.
Corre corre, cabaciña.
Corre corre, cabazón!,
respondía á cabaza que ía rodando polo camiño,
ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león.
Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

Ben que baixo denominacións diversas: A vella e os lobos, O macaco e a cabaça (na versión brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e encontrou um lobo, Alice Vieira, escritora sobranceira en Portugal, ou compiladores de contos tradicionais lusos como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron incontables variantes desta historia por todo país e tamén polo Brasil. Nalgunha delas, os animais devoran a avoa, mais nesta adaptación elixiuse un final en que a vella e a neta, con enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e dárllelo seu merecido ás tres feras.

Cun ritmo áxil e co «lenga lenga» —case un trabalinguas—, aínda vivo nas versións portuguesas que circulan ata o de agora, este conto multiplica as posibilidades expresivas da narración e da representación teatral.

Por último, André Letria, ilustrador de gran prestixio alén do Miño e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración de Portugal, crea personaxes de gran forza e personalidade, que dota dunha expresividade acentuada e dun imaxinario humorístico ben definido.

Artículos relacionados

  • EN EL MAR
    EN EL MAR
    GREENWELL, JESSICA
    Un libro divertido con escenas y paisajes marinos que los niños deberán poblar con las pegatinas de las páginas centrales. El texto sencillo implementa a la perfección las ilustraciones y sirve de guía para colocar algunas de las pegatinas. ...

    5,95 €

  • ¿QUIÈN ANDA POR LA SELVA?
    ¿QUIÈN ANDA POR LA SELVA?
    BEECHAM, ALICE
    Orangutanes, leopardos, cocodrilos, serpientes y otros exóticos animales en este viaje a través de la selva. Un libro con páginas resistentes, perfectas para manitas pequeñas, moldeadas de forma que dejan entrever parte de la página siguiente y mantienen al lector atento mientras adivina lo que está por venir. ...

    7,50 €

  • CHISTES MALOS MUY BUENOS
    CHISTES MALOS MUY BUENOS
    HEGARTY, SEAN
    ¿Sabes cuál es el peor regalo para un erizo? ¿O cómo consiguen escapar los peluqueros de los leones? ¿Podrías decir por qué no hay hamburguesas de caracoles?Prepárate para un gran arsenal de chistes que vas a contar un millón de veces. Son tan malos, que las risas están garantizadas. ...

    12,50 €

  • MI PRIMER LIBRO DEL ESPACIO
    MI PRIMER LIBRO DEL ESPACIO
    MACMILLAN
    ¡Explora el espacio! Acompaña a los astronautas para conocer el sistema solar, cómo es una nave espacial por dentro y cómo se vive en ella, qué hay en el espacio sideral, ¡y mucho más! ...

    13,50 €

  • LOS MONSTRUOS VAN A NATACIÓN
    LOS MONSTRUOS VAN A NATACIÓN
    DAVIDSON, SUSANNA
    La tercera entrega de esta divertidísima colección en la que los protagonistas son un niño y cinco monstruitos muy revoltosos que a diario ayudarán al pequeño Billy a enfrentar y superar todos sus miedos cotidianos.Billy odia nadar. Hace un tiempo horrible, frío y lluvioso, y justo cuando Billy pensaba que las cosas no podían ir a peor, aparecen los mini monstruos en la clase d...

    6,95 €

  • EL PRINCIPITO
    EL PRINCIPITO
    SAINT-EXUPERY, ANTOINE DE
    El principito no es solo un clásico de la literatura para todas las edades. Es también ya un icono cultural y, para muchos, todo un tratado filosófico. En Plataforma Editorial ofrecemos una edición que cuenta con una nueva y actualizada traducción de Nuria d’Asprer; nuevos dibujos a cargo de una de las ilustradoras más aclamadas y reconocidas de nuestro país, Helena Pérez, que ...

    15,00 €

Outros libros do autor

  • SEI CANTAR E SEI BAILAR
    SEI CANTAR E SEI BAILAR
    MEJUTO, EVA
    Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar.Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa...

    15,50 €

  • O GRAN CIRCO DAS PALABRAS
    O GRAN CIRCO DAS PALABRAS
    MEJUTO, EVA
    Benvidos a un circo fascinante. Un circo de contar historias, unha nova cada día. Un circo con biblioteca, música, danza e teatro. SERÁ O CIRCO DUN POETA! Un álbum que fala de inventar historias, de perseguir soños, de facer de cada día unha nova aventura...Abracadabra! Benvido ao Circo das Palabras. ...

    16,95 €

  • OS CONTOS DO LOBICÁN
    OS CONTOS DO LOBICÁN
    MEJUTO, EVA
    Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces). Co-edición con Agadic.Para o xurado, Os contos do Lobicán é unha historia en verso, áxil e atrevida, que busca darlle a volta aos contos clásicos. Ademais da súa linguaxe e estilo, o ditame incide na proposta estética, cunha concepción plástica que reforza o uni...

    15,00 €

  • O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    MEJUTO, EVA
    Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear ...

    12,95 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...

    13,50 €

  • CANDO LEO
    CANDO LEO
    MEJUTO, EVA
    Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamoslevar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible.Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativospara render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder paratransformar o mundo. ...

    15,50 €