- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-16721-99-3
- Páxinas:
- 216
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Tambo (Poesia)
CRÁTER
NOVO, OLGA
Comparece aquí o canto xeral das xentes que poboaban
un mundo en extinción, nunha voz que chega desde o belvís
da memoria facendo apoloxía dos traballos e os días
da estirpe e a refutando o dano que lle causou á alma
colectiva o abandono dos vellos vencellos coa terra;
e di algunha vez a poeta: «Están os meus meus soños
organizando o comité da noite».
Comparece aquí tamén a fera tenrura, ou a tenra fereza,
da unión libre no entusiasmo carnal, ese bum-bum,
bum-bum da lava en corpos que se dan pracer ata o infinito.
E di, outra vez: «Quero desatar e ser desatada». Por iso
os poemas non son aquí formas pechadas, senón suxestións
caudalosas discorrendo coa liberdade imprevisible
dun corazón que se expresa de fóra cara a dentro.
Cráter é, xa que logo, a asistencia ao laio polos rescaldos
dun lume tribal e, asemade, á celebración das emanacións
ingobernables das lapas da vida. E chega na voz dunha deusa
campesiña con xurisdición no territorio bañado polo río Saa.
E proclama: «Vilarmao, sempre!».