
- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-16460-99-1
- Páxinas:
- 170
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
DE CATRO A CATRO. MANUSCRITO INÉDITO
EDICIÓN FACSIMILAR
MANUEL ANTONIO
Un dos manuscritos inéditos máis agardados da literatura galega. Publicado agora nunha coidada edición facsimilar que respecta fielmente o formato orixinal no que foi creado: un caderno de contas en capa dura.
De catro a catro, escrito por Manuel Antonio entre os anos 1926 e 1927, é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos. Está considerado ademais coma unha das cimas universais da poesía vangardista.
O coidado desta edición, que inclúe a transcrición do texto coa identificación das súas variantes sobre a edición que Ánxel Casal publicou en Edicións Nós en 1928, e a reprodución de varias fotografías e ilustracións moi pouco divulgadas ata hoxe, corre a cargo do catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo Tarrío Varela.