- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-9914-983-7
- Páxinas:
- 232
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- LIBROX
DE PERGAMIÑOS, FOLLAS VOANDEIRAS E LIBROS AO .GAL
BREVE HISTORIA DA LITERATURA GALEGA
QUEIXAS ZAS, MERCEDES
Un poema é un ser vivo que anda.
Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel María, prolongamos a afirmación de a literatura galega tamén é un ser vivo en constante evolución, que soubo andar sen deter a respiración ante os bos e os malos ventos de cada época; dar forma á utopía; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar camiños liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posíbeis en cada contemporaneidade.
Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camiño nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.