- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9121-466-3
- Páxinas:
- 192
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- ALTERNATIVAS
DENTRO DA LITERATURA
DE TORO, SUSO
Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria, que Suso de Toro quixo compartir.
En palabras do propio autor, «escritores e escritoras evolucionan como persoas, no curso do tempo, e como creadores literarios, no curso da súa obra e das súas porfías estéticas. Hai algún momento en que un olla atrás e hai algún momento posterior en que un comprende que a tarefa está feita: aí é cando semella natural compartir, repartir ou, simplemente, contar o vivido e o aprendido».