
- Editorial:
- EDITORIAL TOXOSOUTOS, S.L.
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-120613-9-0
- Páxinas:
- 63
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Letra Inversa
DESCENDER POLA NADEGA DA MONTAÑA
SÁNCHEZ RAMÓN, RAMÓN
A escuridade é o hábitat. O anonimato a premisa. Os que aínda non saben do seu fado acoden á chamada, entréganse á noite. E daquela ocorre. A correspondencia da carne faise inprorrogable, obrigándoos a colidir. Entón procúranse os corpos, rebélanse as voces, mestúranse as linguas. E nese transo aboiarán ata que a cadencia do reloxo o esfarele todo.
Coa chegada da mañá muda a iluminación mais non o escenario. Talvez se revelen as formas e se nomeen os rostros, pero o argumento permanecerá intacto.
Non se profana aquilo que é de seu