
- Editorial:
- APIARIO
- Ano de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-943210-6-1
- Páxinas:
- 88
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Cera labrada
DESESCRIBINDO
ALEIXANDRE, MARILAR
En Desescribindo as voces das mulleres gabean desde as marxes dos pergamiños até arrogarse o papel do Verbo,empuñan o lapis contra a tinta invisibilizada,xorden da auga sen consentir en trocar voz por pernas,lembran que as cordas do violín dalgúns foron tripas arrincadas das entrañas doutras.Non é un proceso que transcorra sen conflito, deixa cicatrices que ás veces precisan ser esgazadas de novo.