- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-8487-657-1
- Páxinas:
- 90
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
DIARIO DUNHA SUFRAXISTA
CADÉNE, NICOLE
Aínda se sentía a calor revolucionaria da Comuna de París de 1871 cando chega a París, dous anos despois, Hubertine Auclert, unha muller esencial para o feminismo, a primeira en usar o termo e unha das súas pioneiras e máis firmes defensoras. Neste libro damos a coñecer non só ás páxinas do recuperado "Diario" e dos folios soltos, senón que, para valorar moito mellor o traballo político da feminista, realizamos a tradución dalgunhas das súas destacadas colaboracións na prensa(La Citoyenne; La Libre Parole; Le Radical) e incluímos un dos seus discursos máis potentes, o que fixo no III Congreso ObreiroSocialista de Marsella de 1879. A memoria debe ser un exercicio vivo de compromiso e comprensión do pasado. As experiencias vividas teñen o seu contexto, pero todas transmiten, no esencial, unha fonda ensinanza que convén asimilar para avanzar. A lectura de Hubertine Auclert permítenos iso.