
- Editorial:
- EL PATITO EDITORIAL
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-122478-1-7
- Páxinas:
- 72
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
DOUS CAMIÑOS. KUMANO/ SANTIAGO
RODRIGUEZ VILLAZON, CATALINA
Este libro é o cuarto volume da colección Compostela Ilustrada, un proxecto que naceu co ánimo de visibilizar as mulleres ilustradoras, e faino a través dunha acción no marco do camiño de Santiago. Reivindicamos as mulleres artistas e o seu espazo no mundo da cultura recollendo a súa experiencia no Camiño de Santiago nunha exposición, e cun libro que se edita cada ano coincidindo co Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. Nesta edición, a asturianaCatalina Rodríguez Villazón realizou o Kumano Kodo, no Xapón, e mais o Camiño de Inverno, en Galicia. O resultado foron máis de cen acuarelas das que aquí presentamos unha escolma. Ambos os camiños, irmandados desde 1998, son Patrimonio da Humanidade e están unidos pola natureza, presente a cada paso, e ao mesmo tempo separados por 11.000 quilómetros.