- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-1176-185-7
- Páxinas:
- 724
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
DOUTOR ZHIVAGO
PASTERNAK, BORÍS
Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de David Lean, non fixeron máis que engrandecer este mito.
A inesquecible paixón entre Yuri Andréyevich e Larisa Fiódorovna baixo o estrondo da vella Rusia imperial que se esboroa, cativou milleiros de lectores e lectoras en numerosas linguas, e agora por fin o fai tamén na nosa. Desde a Primeira Guerra Mundial, a Revolución rusa de 1917 e a posterior Guerra Civil de 1918 a 1920, acompañamos a Yuri e a Lara nos seus encontros e desencontros nos tempos incertos e terribles que lles tocou vivir.