- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-9151-159-5
- Páxinas:
- 104
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
É A LÚA QUE BAILA. MARÍA VICTORIA MORENO E A LÍRICA DOS SEIS POEMAS GALEGOS DE FEDERICO GARCÍA-LORCA
MARÍA VICTORIA MORENO, A LÍRICA DOS SEIS POEMAS GALEGOS DE LORCA
MORENO, MARÍA VICTORIA
Un volume singular e ata o de agora inédito da obra de María Victoria Moreno publicado pola Editorial Galaxia en colaboración co Consorcio de Santiago.
Este novo libro ten como protagonista a faceta filolóxica, lectora e investigadora de María Victoria Moreno, e está presidido por «Danza da lúa en Santiago». Suxerencias para unha aproximación a Federico García Lorca, poeta galego, un estudo publicado orixinalmente no ano 1985 na revista madrileña de estudos galegos Madrygal. O volume inclúe tamén os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, un anexo con comentarios de María Victoria Moreno á Cantiga do neno da tenda e un minucioso estudo introdutorio da man do académico e profesor Xesús Alonso Montero, que se sitúa xa como unha referencia no estudo da escrita de María Victoria Moreno.