
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-286-2
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
ERNESTO E CELESTINA, MÚSICOS DE RÚA
MÚSICOS DA RÚA
VINCENT, GABRIELLE
"Ernesto e Celestina, músicos da rúa" é un dos 30 libros
dunha exitosa serie que Gabrielle Vicent comezou a publicar
nos anos 80 sobre as peripecias dun oso bonachón
e dunha fráxil ratiña. Viven modestamente nunha casa que
de súpeto precisa reparacións e, para poder pagar os arranxos,
Celestina proponlle a Ernesto que toque o violín na rúa.
As diferenzas entre os dous son máis que evidentes non só
dende o punto de vista físico, polo aspecto robusto de Ernesto
e polo pequeno tamaño de Celestina, senón que tamén
as súas personalidades son moi distintas: ela representa
a iniciativa, o dinamismo, o tesón e o optimismo fronte
ao carácter del, máis preguiceiro, protector e pesimista.