
- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-19840-40-0
- Páxinas:
- 144
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
ESENCIA E PAIXÓN DUNHA VIAXE
RAPOSEIRAS CORREA, JOSÉ
Un camiñante, un viaxeiro, un peregrino da vida, un viandante... Un narrador que nun flashback persoal nos amosa o seu río da vida. Ese é o fío condutor deste libro, a xeito de traxecto autobiográfico, no que o autor repasa o seu devir, pois xamais se poderá visionar un presente nin un futuro existencial sen memorizarmos o pasado.
Os fluxos fluviais lentos, os rápidos, os remansos, os obstáculos de todo tipo presentes nun percorrer fluvial serán as imaxes ás que se asirá o protagonista para amosarnos o seu percorrer vital e para rematar co profundo pensamento, e convencemento, de «así é a vida».