
- Editorial:
- HÉRCULES EDICIONES
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-19754-07-3
- Páxinas:
- 96
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Preparados, listos, ... Xa!
ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA
UNHA HISTORIA DE PERSOEIROS E DE ACHADOS ASOMBROSOS
VICENTE, MANUEL G.
Estrelas galegas da ciencia é un libro ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que explica a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos.
Cando se crearon as universidades e centros galegos de investigación? Quen foron aqueles científicos e científicas, inventores e inventoras máis sobresaíntes ao longo da historia? Cales foron os achados máis fascinantes? Nesta historia da ciencia responderanse estas preguntas e moitas outras.
Un libro necesario e sorprendente, para un público sempre curioso e con vontade de aprender o que non se atopa nos libros de texto.