- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-19213-47-1
- Páxinas:
- 144
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
EXTERIORES DO PARAÍSO
ESCRITOS CÓMICOS E TRISTES
ATXAGA, BERNARDO
Exteriores do paraíso. Escritos cómicos e tristes é un libro inusual,
e o lector viaxará por el como por unha paisaxe onde conviven formas
e materias que ao raro ir xuntas. Á narración melancólica séguelle
o poema que fai rir, ou o relato dunha lectura pública singular;
ao apuntamento autobiográfico, unha extravagante conferencia sobre
literatura ou un texto sobre as contradicións dun namorado por mor da
súa afección á pizza.
Máis aló da súa variedade, as páxinas deste libro, de estrutura ordenada
e clara, comparten un mesmo fondo. Volven unha e outra vez sobre
o Amor, o Medo e a Morte, os temas que, desde a primeira gripe de Adán
sinal do seu afastamento do paraíso, acompañan a todas as persoas
deste mundo.
Exteriores do paraíso. Escritos cómicos e tristes será un libro esencial
na extensa e recoñecida obra de Bernardo Atxaga.