0
FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE

FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE

MONGE, MANUEL

24,95 €
IVE incluído
Editorial:
EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-8487-645-8
Páxinas:
316
Encadernación:
Rústica
Colección:
Foradeserie
24,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante, etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijoo é un farsante: “hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro”, segundo o Diccionario Xerais de sinónimos.
Feijoo manifestaba: ”No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia”. Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.
Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Ourense cualificaba como “letal” a posibilidade dun pacto cono Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque “garantiza la estabilidad”. Feijoo é un “marxista” (de Groucho Marx) convencido: “Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros”.
O libro pode ser útil para coñecer as “amizades perigosas” de Feijoo; que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.
Existen outras biografías sobre Feijoo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, así de claro.

Artículos relacionados

  • JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    NORBERTO PABLO CIRIO
    ¿Pode un home transformarse en música? Este libro narra a novelesca vida de José Ramón González Pérez (1913-2007).Nacido en Cuba, pastor nos Ancares galegos e un destacado membro dunha estirpe de músicos documentada desde comezos do s. XIX, a dos Gaiteiros do Bodego . “Fuxido” pola súa lealdade á República durante a Guerra Civil, “recrutado forzoso” ás ordes de fascistas e nazi...

    20,00 €

  • O SENTIDO DO ABRAIO
    O SENTIDO DO ABRAIO
    CARSON, RACHEL
    A celebración da natureza para persoas de todas as idades.Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).Na publicación orixinal na revista Women’s Home Comp...

    17,00 €

  • ACTOS HUMANOS
    ACTOS HUMANOS
    HAN KANG
    PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024 «Hay que leer la tremenda Actos humanos [...] Una mirada casi imperturbable hacia el horror, la sangre y la crueldad desplegada institucionalmente».Elena Hevia, El Periódico Mayo de 1980. La ciudad de Gwangju se moviliza contra la dictadura militar de Chun Doo-hwan, que hace unos meses tomó el poder en Corea del Sur. La oposición civil, liderada ...

    21,90 €

  • A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia po...

    20,00 €

  • IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    HAN KANG
    LA NUEVA NOVELA DE HAN KANGPREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024PREMIO MÉDICIS ÉTRANGER 2023 «Una novela inquietantemente bella sobre la imposibilidad de despertar de la pesadilla histórica. Inolvidable».Hernán Díaz Una gélida mañana de finales de diciembre, Gyeongha recibe un inesperado mensaje de su amiga Inseon: después de sufrir un accidente en su taller de carpintería en la isla...

    21,90 €

  • ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    AUTORES VARIOS
    Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fer...

    22,00 €

Outros libros do autor

  • UNA MONARQUÍA CORRUPTA Y HEREDERA DEL FRANQUISMO
    UNA MONARQUÍA CORRUPTA Y HEREDERA DEL FRANQUISMO
    MONGE, MANUEL
    La monarquía tiene un virus de origen , la designación de Juan Carlos de Borbón por el dictador Franco como su sucesor . El rey Juan Carlos nunca condenó la dictadura criminal de Franco . En sus discursos juraba fidelidad al Caudillo y aceptaba " la legitimidad política surgida del 18 de julio de 1936 " , una dictadura que se impone después de una sublevación militar y fascista...

    29,95 €

  • OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
    OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
    MONGE, MANUEL
    Nun primeiro inventario, este libro pon de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas e todo tipo de distincións que exaltan, honran e distinguen golpistas, franquistas e criminais. Fundacións franquistas; malfeitores e servidores da ditadura son premiados con títulos nobiliarios; a familia Franco cons...

    29,95 €

  • GUIA PARA NON PERDERSE EN POLITICA
    GUIA PARA NON PERDERSE EN POLITICA
    MONGE, MANUEL
    Dicir a verdade, informar, é hoxe unha actividade revolucionaria e por iso está claramente reprimida e silenciada. Dicía Noam Chomsky, lingüista e filósofo de EE.UU, que «a manipulación mediática fai máis dano que a bomba atómica porque destrúe os cerebros». Tamén dicía Chomsky que «é responsabilidade dos intelectuais dicir a verdade e expoñer as mentiras».Estas son algunhas de...

    25,00 €

  • O PERVERSO GOBERNO DE FEIJOO.SETE ANOS EN NEGR
    O PERVERSO GOBERNO DE FEIJOO.SETE ANOS EN NEGR
    MONGE, MANUEL
    Cómpre un balance do desgoberno de Feijóo. Sete anos perdidos, sete anos en negro. Este é o «éxito económico» de Feijóo: no primeiro trimestre de 2009, co goberno bipartito (PSOE-BNG), Galiza tiña 162.700 persoas desempregadas, cunha taxa de paro do 12,22%, e acababa 2015 con 222.700 parados e unha taxa do 17,74%; nese mesmo período, a débeda pública de Galiza pasaba de 3.923 m...

    16,90 €

  • OS BORBONS: UNHA MONARQUÍA ESCANDALOSA
    OS BORBONS: UNHA MONARQUÍA ESCANDALOSA
    MONGE, MANUEL
    Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos unha monarquía corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios, que utilizaron o trono para o seu enriquecemento. O rei Juan Carlos era o “jefe” da trama corrupta do Instituto Nóos, onde están implicados Iñaki Urdangarín e a súa esposa, a infanta Cristina. Temos unha monarquía caduca, desprestixiad...

    19,70 €