
- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-8487-709-7
- Páxinas:
- 130
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ventoalto
G
COUSILLAS NOVO, DIEGO
Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a materia coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un G con ou sen GHeada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro:
G de Greguería, de Galego e de Ghaliza.
H de Haiku e de Horizonte.
Y de Yin-Yang e Ye-Yé ou viceversa.
J de Jaiku Jam sessión Jazzzzzzzz.
K de Kú de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño.
W de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.