- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-9151-785-6
- Páxinas:
- 124
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Letras galegas. Clásicos
GALICIA INFINDA
DELGADO GURRIARÁN, FLORENCIO
Galicia infinda é unha colleita de poemas a través de vinte anos de traballo de Florencio Delgado Gurriarán, onde as tres primeira partes (Cantarenas, Valdeorras e Castiñeiros) recordan o estilo animista de Bebedeira (Nós, 1934), a súa primeira obra. Mais a novidade chega nas dúas últimas partes, onde inclúe algunhas mostras de poesía civil de temática galega (Varia) e, sobre todo, nos Poemas mexicanos, con novas poesías cun ton distinto e con trazos da cultura mexicana e da música do país, que o autor denominou como exemplos de creoulismo multiétnico.