- Editorial:
- URCO EDITORA
- Ano de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-15699-55-2
- Páxinas:
- 142
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- < Xenérica >
HOSTAL NORTE
DUNCAN, XOSE
Unha fuxida, ás veces, non é máis que unha carreira frenética que tenta afastarnos de nós mesmos. Sabemos do que queremos escapar mais case nunca estamos seguros de até onde nos levará.
Brais marcha da casa dos seus pais e chega ao Hostal Norte, onde o agarda un amigo que prometeu axudalo a comezar unha nova vida. Porén, á súa chegada ao hostal as cousas torceranse e nada sairá como el esperaba, nada é o que parece ser.
Seis cuartos, seis vidas completamente diferentes que conforman, ao seu xeito, un universo único que, aos poucos, irase apoderando da cordura de Brais. Seis hóspedes que tecerán a arañeira dos recordos que tentou deixar atrás, agochados no fondo da súa mente e que, de deixalos saír, conducirano ao máis horríbel dos destinos