- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2015
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-15250-91-3
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
INVENTARIO ILUSTRADO DE INSECTOS
ALADJIDI, VIRGINIE
?Inventario ilustrado de insectos? reúne 65 especies
de insectos de procedencia europea e do resto do mundo: coleópteros, lepidópteros, dípteros, himenópteros, isópteros...
Só os artrópodos xa representan máis do 80% dos animais
que habitan no planeta. Os científicos, que teñen catalogado
un millón de tipos de insectos, calculan que a cifra real
está entre os cinco e os dez millóns de especies. Con todo,
son criaturas moi útiles, posto que colaboran na polinización
das flores e son o sustento doutros animais.
As ilustracións deste libro son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos cadernos
de campo de antano: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores
e as transparencias.