- Editorial:
- RINOCERONTE EDITORA
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-17388-57-7
- Páxinas:
- 132
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Vétera
IÓN. CICLOPE
EURÍPIDES
Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis descoñecida, trata un mito completamente novo, sen parangón en ningunha obra anterior e probablemente orixinal do seu autor. No plano argumental e formal marca un punto de inflexión ao guiar o novo camiño do xénero cara ás formas cómicas, melodramáticas e novelescas máis próximas á modernidade, cun ton máis distendido e relaxado, afastado da gravidade, solemnidade e exacerbado dramatismo doutras traxedias.