- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-8487-685-4
- Páxinas:
- 210
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
LIBERTADE PARA O GALEGO
POLÍTICA, USO E DISPOSICIÓN DA LINGUA
MACEIRA EIRAS, MARCOS / QUINTAS ALBORÉS, ELSA
Falemos de liberdade. A que os dicionarios galegos definen como a faculdade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposicións doutros ou fóra do dominio de alguén.
É esta a situación do galego? Abonda coa propia vontade para facer uso da lingua do país? Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?
Tentaremos achegarnos a estas cuestións en relación aos principais ámbitos da vida social, especialmente daqueles en que existen compromisos adquiridos polo Estado ou acordos alcanzados por todas as forzas políticas en Galiza. Advertimos, para comezar, que de xeito incompleto. A exclusión e as limitacións para o galego son tantas que nen teríamos espazo para entrar en todas elas.
A liberdade para o uso do noso idioma está condicionada a se manter sempre baixo a subordinación e secundarización respecto do español. Non é unha afirmación abstracta. Puidemos contrastalo con datos ao redixirmos cada un dos informes periódicos solicitados á Mesa pola Normalización Lingüística polo Comité de expertos do Consello de Europa para a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas ou, en 2019, do Relator especial da ONU para os dereitos da minorías, e que foron a base inicial deste traballo.