- Editorial:
- URCO EDITORA
- Ano de edición:
- 2017
- ISBN:
- 978-84-15699-73-6
- Páxinas:
- 545
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
LIMIAR DE CONCIENCIA
PAVÓN, CRIS
Moito se ten falado das IA, mais, desta volta, imos escoitalas a elas. Sobre todo a unha delas: LIDIA. Ou mellor dito, ímola ler, porque o seu dominio é a escrita e vainos relatar a súa historia, a evolución das máquinas lingüísticas intelixentes. Case unha sorte de saga familiar onde as xeracións veñen marcadas polo desenvolvemento da industria; indo dende limitadas máquinas tradutoras até sistemas con capacidade de comprensión de textos moi diversos, cos que construirán o seu propio discurso e a súa identidade. E loitarán polo seu dereito a existir.
A simulación computacional, a recursión como estrutura da sintaxe que se traspasa á narración, a diverxencia como clave do coñecemento, son protagonistas de Limiar de conciencia. Tamén a literatura, a narración como alimento esencial das psiques, humanas ou de síntese.