0
LINGUA GALEGA E LITERATURA. 1º BACH. (2022)

LINGUA GALEGA E LITERATURA. 1º BACH. (2022)

GONZÁLEZ AVIÓN, ISABEL / ÍNSUA, EMILIO XOSÉ

41,00 €
IVE incluído
Editorial:
BAIA EDICIONS
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9995-400-4
Páxinas:
392
Encadernación:
Rústica
Colección:
< Xenérica >
41,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Este material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e son o froito dunha práctica docente constante e real, a pé de aula.

As unidades atenden desde un enfoque competencial, mediante recursos tanto teóricos como prácticos, os dez grandes obxectivos do nivel e os catro grandes bloques de contido que contempla o novo currículo: "As linguas e os seus falantes", "Comunicación", "Educación literaria" e "Reflexión sobre a lingua".

A novidade fundamental que incorpora o manual de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato con respecto a anteriores edicións constitúena os PROXECTOS.

Os proxectos son un conxunto de 64 propostas, a razón de 4 por Unidade, que, facendo pé nunha base firme de contidos substanciais e rigorosos, atende tanto os procesos como os produtos e permite a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional...

Cada un destes aspectos aparece identificado no libro pola correspondente icona, de maneira que sexa máis doado organizar a súa abordaxe e secuenciación opcional ao longo do curso.

Este conxunto de proxectos que ofrecemos ten como obxectivo que o alumnado, individualmente ou de forma colectiva, consulte fontes de información variadas e interdisciplinares; realice traballos incorporando formatos multimodais mediados polas novas tecnoloxías e relacionados cos diferentes ámbitos de comunicación; realice exposicións e argumentacións orais con diferente grao de planificación sobre diversos temas de interese; aprenda a investigar de maneira autónoma con rigor e espírito crítico; e despregue, en derradeira instancia, a súa creatividade e autoestima.

Particularmente, esta proposta persegue desenvolver as seguintes habilidades ou competencias:

- o traballo en equipo.
- as competencias dixitais.
- as competencias orais multimodais.
- a capacidade de producir textos escritos multimodais coherentes.
- o sentido crítico e a selección de información pertinente.
- a autoestima e a creatividade, convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe.
- o traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC, ciencias naturais...)

As propostas de PROXECTOS enunciadas no libro compleméntanse na Aula Virtual con indicacións, orientacións metodolóxicas, bibliografía e webgrafía.

Artículos relacionados

  • CUANDO YA NADA ES URGENTE
    CUANDO YA NADA ES URGENTE
    PIQUERAS, PEDRO
    Tras más de cincuenta años de profesión, Pedro Piqueras, uno de los periodistas más reconocidos de nuestro país, anunció su retirada en una sincera despedida que nos emocionó a todos.Ahora, disfrutando de una vida más tranquila y lejos del directo, el autor se sumerge en un relato en primera persona que relativiza los éxitos y los fracasos, resalta el valor de los pequeños deta...

    20,90 €

  • O POVO IMPROVISADOR
    O POVO IMPROVISADOR
    SECHU SENDE
    Este livro está escrito mas fala de poesia oral. Fala de mistérios, aventuras e curiosidades do repente galego, um mundo cheio de oportunidades para mudar a realidade do século XXI com as vozes, as músicas e as palavras do povo. Improvisar implica abrir caminhos novos, fugir dos tópicos, com criatividade e rebeldia. Porque se fizeres o que sempre fizeste, terás o que sempre tiv...

    16,00 €

  • OCHO JUEVES
    OCHO JUEVES
    DEL RÍO, PABLO
    Una historia que te lleva hasta los últimos recovecos del alma humana, pues a las montañas les gusta guardar secretos.Del autor de Doce abuelas, una nueva novela llena de ingenio y giros inesperados con toques de humor irónico.El hallazgo de un esqueleto en una cueva cántabra y el ataque deliberado a un tenista famoso tiene un solo punto de conexión: un hospital en Santander. ¿...

    11,90 €

  • UXOA, EL SECRETO DEL VALLE
    UXOA, EL SECRETO DEL VALLE
    SAN BASILIO, PALOMA
    Tras la muerte de su hermana mayor y compañera de vida, Ágara abandona, desolada, el hogar de la familia en el madrileño barrio de Chamberí para refugiarse en Uxoa, el caserío heredado en el valle de Baztán, en Navarra.Allí va recuperando la calma perdida, al mismo tiempo se despierta en ella la necesidad de bucear en sus orígenes, para así saber cómo Uxoa, la preciada reliquia...

    23,90 €

  • AHORA QUE VUELVO A VIVIR
    AHORA QUE VUELVO A VIVIR
    GORRO, TAMARA
    ¿Alguna vez te has sentido perdido, sin rumbo, con miedo y atrapado en tus inseguridades?Este libro es un espejo en el que te verás reflejado y donde Tamara Gorro, después de pasar por una depresión, reflexiona sobre los temas de la vida cotidiana que nos afectan: los complejos, el dolor, el duelo, la soledad o la autoexigencia.Pero más allá de las dificultades con las que nos ...

    18,90 €

  • SEIS COCODRILOS
    SEIS COCODRILOS
    DEL RÍO, PABLO
    Los mejores amigos pueden ser los peores enemigos Una mujer recoge conchas en una playa de la costa sur inglesa. Al levantar la vista, advierte la silueta de un motorista cayendo des­de un acantilado. Seis días antes, un inglés adinerado se presenta en una joyería de Londres con un anillo que el joyero reconoce al instante, y que tiene algo de perturbador.Mientras tanto, Ad...

    21,90 €

Outros libros do autor

  • LINGUA GALEGA E LITERATURA, 2º BACH.
    LINGUA GALEGA E LITERATURA, 2º BACH.
    GONZÁLEZ AVIÓN, ISABEL / ÍNSUA, EMILIO XOSÉ
    Presentamos o novo libro de Lingua e Literatura Galega 2.º Bacharelato, adaptado ao Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.Hai no presente manual un esforzo por manter actualizados uns materiais que están avalados por unha longa traxectoria de traballo co alumnado. A constante renova...

    45,00 €

  • LINGUA GALEGA E LITERATURA. 1º BACH. (2021)
    LINGUA GALEGA E LITERATURA. 1º BACH. (2021)
    GONZÁLEZ AVIÓN, ISABEL / ÍNSUA, EMILIO XOSÉ
    Incorporamos as modificacións necesarias para que o libro do alumnado de 1.º de Bacharelato se adapte á nova regulamentación pero, sobre todo, informamos da total renovación da programación e incorporación de novos recursos electrónicos. ...

    37,45 €