- Editorial:
- EDICIÓNS POSITIVAS
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-128055-3-6
- Páxinas:
- 176
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- O papel deo teatro
MANUELA REY IS IN DA HOUSE
NÚÑEZ, FRAN
Manuela Rey naceu en Mondoñedo no ano 1842. Sabemos que sendo nena acabou non se sabe como nunha compañía dramática itinerante e representou en León, Palencia, Bragança, Valença, Viana e Porto. Sendo moza, chegou a Lisboa e
converteuse na primeira actriz do primeiro elenco estable do Teatro Nacional Dona Maria II. Morre en Lisboa en 1866. O resto é un misterio que se perde no tempo e nas táboas dos lugares onde representou.
Como pode ser que non coñecese esta muller? Pobre rapaza, vaia vida levou! Expresións recorrentes cando alguén descobre a figura de Manuela Rey. Este texto nace da necesidade de dar a coñecer a Manuela e celebrar a súa vida porque é coma un pequeno tesouro agochado do noso patrimonio. Tivo unha vida breve, intensa e difícil, pero tamén chea de luz e talento. Talento que deixou nos seus escritos e luz que irradiaba na escena, segundo as crónicas da época.