
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Ano de edición:
- 2018
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-9871-606-1
- Páxinas:
- 36
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección O
MARILUZ AVESTRUZ
CHAUNDLER, RACHEL
Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.
Con reminiscencias daquel antigo conto de Alexei Tolstoy, fica claro que o poder para mudar as cousas se logra mediante o traballo en equipo.