
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-1176-181-9
- Páxinas:
- 140
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Literaria. RONSEL
NA CANELLA INFINITA
PARCERO, JUAN
Dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de fantasmas e sombras. Corren os anos 80, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias persoais, dor e morte.
Un achado accidental e envelenado nunha praia coloca ao trío de protagonistas no bordo do precipicio. Historias paralelas e que se bifurcan, as ansias de desaparecer e esquecer o medo, o ímpeto humano do auxilio e solidariedade, os remorsos e a procura de consolo, o terror cara a un futuro que non existe e a sabedoría dun pasado que sempre acompaña, forman parte dunha historia engaiolante e poliédrica onde moitos lectores e lectoras se recoñecerán.