- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-121280-6-2
- Páxinas:
- 80
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Colección XX
NA NÉBOA
HARDING DAVIS, RICHARD
Na néboa, publicada orixinalmente en 1901, é unha hábil historia detectivesca só que sen detectives e asemade un logrado exemplo de novela enigma. Como acontece con outros textos do autor, a aposta decidida polo humor e o entretemento intelixente serán claves no artellamento da trama, unha sorte de whodunit, onde de maneira lúdica e misteriosa se lanzan pistas até por fin chegar á resolución do caso, algo no que anos máis tarde destacarían a nivel internacional autores como Agatha Christie ou o tándem Ellery Queen.
Ao día seguinte da gran néboa londiniense de 1897, varios membros dun selecto club, The Grill, recompoñen pouco e pouco o crebacabezas dun presumible dobre asasinato. Tras a demorada reconstrución que conforma o relato marco, ateigada de especulacións, testemuños e narracións intercaladas, un xiro inesperado conduce ao que a crítica definiu, de forma unánime, como un enxeñoso final.
Outros engados da obra están na recreación da atmosfera bretemosa e melancólica da capital inglesa, na axilidade dos diálogos, no continuo xogo cos clixés e na utilización, levemente burleira, de personaxes de avoengo (parlamentarios, nobres, princesas rusas
), que se moven e discuten nun atractivo ambiente vitoriano.