
- Editorial:
- BOLANDA, EDICIONES Y MARKETING
- Ano de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-19219-30-5
- Páxinas:
- 64
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
NO BICO DO VENTO
GOLMAR, CHARO
Neste libro o vento leva no bico borlas de soños, angueiras dos días no rodicio e suspiros nos que cabe unha vida enteira. O tempo vai no fardelo da mamoria e as follas do almanaque sucedense a ritmo de andante maestoso.
Hai no ar un ir e vir de xiríns e lavercas primaverais, solleiros seráns de estío, estorniños outonais e remuiños de neve no horizonte.
Natura canta no verde perfume das árbores e das plantas, as sagras deusas dos bosques arrolan nos animais e os ríos deitan augas algareiras. Todo aquí e luz de amizade antiga e remanso de río nos afectos, un sentir no que aniña o corazón abrochado de esperanza.