- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Ano de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-943230-9-6
- Páxinas:
- 168
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Colección XX
NO CEO
MIRBEAU, OCTAVE
No ceo, a cuarta obra narrativa que Octave Mirbeau asina co seu nome, apareceu nas páxinas de LÉcho de Paris entre setembro de 1892 e maio de 1893, e nunca contou en vida do autor cunha edición en volume independente. Impregnada dun pesimismo aciago non en van o autor atravesaba daquela unha fonda crise persoal e literaria, a obra evoca sen concesións o carácter tráxico da condición humana, condenada ao absurdo, á angustia existencial, á soidade e á incomunicación, a través da relación entre os seus dous personaxes principais: Georges, un escritor frustrado, e Lucien, un pintor innovador claramente inspirado en Van Gogh. Moderna e xenuína, a novela amosa a chamada estrutura en abismo na que os diferentes relatos encaixan uns noutros, coa introdución de varias voces narrativas, fragmentariedade intencionada e manifesto desprezo das leis da orde lóxica e cronolóxica, mesmo no seu abrupto final.
Así mesmo, Mirbeau adopta unha mirada impresionista con tintes simbólicos co obxecto de contrarrestar as convencións fixadas polos escritores naturalistas en canto á obxectividade e ao realismo. Ademais de plasmar a traxedia do creador perfeccionista que loita polos seus ideais e a quen a cretina sociedade condena á frustración, No ceo intérnanos na conciencia atormentada dun pintor absorbido pola súa creación.