
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Ano de edición:
- 2021
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-9871-634-4
- Páxinas:
- 36
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección O
O CAMIÑO
NUÑEZ, MARISA
O camiño é longo.
Ás veces vai dereito; ás veces, torto
Nalgunha ocasión sentes que alguén avanza a carón de ti e vas alegre, ao seu paso, como voando xuntos a cabalo dun ganso salvaxe.
Hai momentos nos que non dás andado: parece que levas zapatos de ferro!
O camiño dá a súa colleita
Proxectamos longas viaxes, anhelamos lugares, procuramos metas
pero a verdadeira experiencia está no camiño mesmo: cada treito, cada momento, cada tropezo, cada descubrimento...
Coma se do camiño da nosa vida se tratase, este álbum traza o carreiro polo que transitamos.
Sempre haberá quen vai por diante; outros seguirán as nosas pegadas; haberá momentos de encontros, tamén de despedidas...
Un álbum que nos dá pistas sobre a necesaria capacidade de superación para afrontar dificultades, o ánimo para seguir adiante e o esforzo e a confianza nun mesmo, imprescindibles para recoller os froitos dese sendeiro da vida. Tamén algún consello: non encher de máis a mochila, deixar atrás o innecesario, recoller sementes, mirar o ceo
Mariona Cabassa, acompaña dun xeito poético estaruta continua, entretecendo as páxinas cunha senda vermella que atravesa paisaxes nos que podemos ver reflectidos distintos estados emocionais, e un percorrido temporal marcado tamén coa presenza dos paxaros: se nos deixamos fascinar polo voo das aves, quizais poidamos sentir as súas ás.