0
O CASCABEL DA GATA

O CASCABEL DA GATA

ALBO, PABLO

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2013
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-447-0
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Unha mañá,
a gata Benita espertou sobresaltada
ao oír que a señora Xulia chamaba por ela:

—Benita…!
Beeniitaa…!
Beeeniiitaaa…!
Onde estás,
que non escoito o teu cascabel?

Ao escoitar os gritos da señora Xulia, Benita erguese; pero, ao empezar a camiñar, descobre que non soa o clinclín e, consecuentemente, cae na conta de que perdeu o cascabel.

Así comeza esta divertida historia de Pablo Albo, quen nos fai partícipes da procura apresurada do cascabel por parte desta gata pillabana e tenra, que teme quedarse sen sardiñas por mor deste extravío.

Benita volve sobre os seus pasos e o percorrido permite coñecer a outros habitantes da casa supostamente inanimados (o sofá, a escoba, a mesa), pero que neste conto falan e vaia se o fan!, xa que ofrecen información crave para chegar ata o obxecto perdido.

Os diálogos da gata con estes utensilios son moi graciosos, porque desprenden inocencia e tamén certa empatía co lector, ao abordar situacións comúns: Que outra cousa se pode atopar nun sofá máis que algunha moeda ou unhas migas de pan?

Igual de divertido é o xeito en que esta astuta felina recupera o cascabel mergullado na peixeira.

A protagonista desta historia transmite unha mestura de inxenuidade e picaresca tan propia da infancia, con ese compoñente entre trasno e doce, que lle confire moito encanto ao álbum, e sobre todo humor.

Estas características do conto están claramente reforzadas polas ilustracións de Guridi, quen considera que o seu traballo consistiu simplemente en cinguirse a “definir o que conta o texto”.

Con todo, o seu labor vai máis aló, xa que o artista acentúa o sentido xovial do conto coa incorporación de personaxes que non aparecen no texto: unha parella de moscas, un rato, varias formigas e un morcego.

Paralelamente ao texto, que ofrece ao lector o periplo da gata Benita, as ilustracións permiten unha segunda lectura —xa desde gárdalas do álbum— con situacións hilarantes, protagonizadas maiormente por dúas moscas irreverentes e cachafellas.

Neto Guridi explica que, desde o principio, o personaxe de Benita “lle trouxo de cabeza”, xa que cando realizaba os bosquexos, sempre lle saía un gato, e non unha gata. Ademais, non quería caer en “artificios”, tales como pestanas ou vestidos para definir o seu xénero.

“Imaxinaba unha Benita revoltosa, pero non mala, así que ao final saíu unha gata negra cun aspecto un pouco deixado, pero con tenrura na mirada”, describe o ilustrador, quen apostou por darlle un aspecto “rudo” á dona e crear uns peixes “moi simplificados e coa expresión centrada nos seus ollos”.

En canto á técnica, traballou con lapis, gouache e retoques en ordenador, deixando “como sen terminar" os fondos: limpos e brancos, que resaltasen as expresións dos personaxes.

Artículos relacionados

  • UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA (POP-UP)
    UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA (POP-UP)
    CARLE, ERIC
    A obra máis emblemática de Eric Carle, agora en edición pop-up. Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ao seu paso: froitas, verduras e algunha que outra larpeirada. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta.O paso do tempo, o grande e o pequeno, o...

    19,50 €

  • LA FIESTA DE LOS ANIMALES
    LA FIESTA DE LOS ANIMALES
    FARINA, MARCOS
    Un acartonado para jugar a los contrarios en el que animales domésticos y salvajes acompañan a las niñas y niños en sus tareas cotidianas.En el mundo existen todo tipo de criaturas: rápidas o lentas, que pasan el día dormidas o despiertas, que juegan o trabajan, que vivensolas o en compañía, que andan revueltas o en fila, que siempre están tranquilas o que se alteran fácilmente...

    12,00 €

  • DEZ COELLIÑOS
    DEZ COELLIÑOS
    SENDAK, MAURICE
    Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humor do extraordinario Maurice Sendak.Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres, catro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e se agochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!, un a un, os coellos van desapa...

    15,00 €

  • AI
    AI
    CASAL LODEIRO, MANUEL
    Ai é un cadeliño algo despistado, ben simpático e bastante sensible que está falto de amor. Por que todo o mundo pronuncia o seu nome se logo non queren a súa amizade Mais na vida todo chega, tamén o cariño verdadeiro. ...

    14,00 €

  • DIEZ CONEJITOS
    DIEZ CONEJITOS
    SENDAK, MAURICE
    Un álbum inédito en nuestro país para aprender a contar con la magia y el humor del extraordinario Maurice Sendak.Mino, el mago, agita la varita y ¡zas!, saca un conejo de la chistera. Luego dos, tres, cuatro…, así hasta diez. ¡Qué difícil controlar a tantos orejudos que brincan y se esconden por cualquier lugar! Hasta que Mino agita de nuevo su varita y… ¡alehop!, uno a uno, l...

    15,00 €

  • A FESTA DOS ANIMAIS
    A FESTA DOS ANIMAIS
    FARINA, MARCOS
    Un acartonado para xogar aos contrarios no que animais domésticos e salvaxes acompañan as nenas e nenos nas súas tarefas cotiás.No mundo existen todo tipo de criaturas: rápidas ou lentas, que pasan o día durmidas ou espertas, que xogan ou traballan, que viven soas ou en compañía, que andan revoltas ou en fila, que sempre estántranquilas ou que se alteran facilmente. Todas disti...

    12,00 €

Outros libros do autor

  • O PAPON
    O PAPON
    ALBO, PABLO
    A avoa decide prepararlles ás súas tres netasunha sorpresa na bodega: pan con mel(esquecera que ese era precisamente o xantarpreferido do Papón). As netas, unha porunha, baixan polas escadas escuras, frías emisteriosas; empurran a porta e?O Papón é un dos comenenos máis popularesen toda a xeografía do Estado español, e poreste motivo presenta características diferentessegundo a...

    15,90 €

  • A MERENDA DO PARQUE
    A MERENDA DO PARQUE
    ALBO, PABLO
    Sabías que os parques tamén merendan?Acompaña a Alberte nesta divertida aventura e descubre a marabillosa fauna que vive con nós, onde menos o esperas… ...

    15,00 €

  • LA EXTRAÑA ORQUESTA
    LA EXTRAÑA ORQUESTA
    ALBO, PABLO
    Una de las cosas que me da más miedo es que mi abuelo cante. Dice que lo hace para que salga el sol, pero el sol sale porque está bastante lejos como para no oírlo. Y es que mi abuelo es una de las personas que peor canta de este mundo. ...

    9,95 €

  • VIENTO ENFURECIDO
    VIENTO ENFURECIDO
    ALBO, PABLO
    El viento estaba muy pesado aquel día y nuestro niño protagonista le respondió con una ventosidad. Así empezó la guerra. El vendaval, desatado de ira, atacó las persianas de las ventanas, deslizó aullidos por las rendijas, lanzó piedras contra los cristales, coló ráfagas heladoras por las grietas. A punto estuvo de convertir al niño en una ráfaga errante.El tándem Pablo Albo / ...

    9,95 €

  • RUIDO
    RUIDO
    ALBO, PABLO
    Todo el lío comenzó la mañana en que Patricia, sin saber por qué, escuchaba la radio muy bajito... así que decidió subir el volumen y así tomarse su café con leche al ritmo de la música... sin medir las consecuencias que tendría en un pueblo tan tranquilo aquel ruido tan alto... ...

    15,00 €

  • O ANO EN QUE OS PITOS PERDERON A CABEZA
    O ANO EN QUE OS PITOS PERDERON A CABEZA
    ALBO, PABLO

    16,00 €