
- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-16721-94-8
- Páxinas:
- 464
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
O DEUS DAS PEQUENAS COUSAS
ROY, ARUNDHATI
«O deus das pequenas cousas», debut literario de Arundhati Roy en 1997, é a historia de tres xeracións da familia Ipe, marcada polo amor prohibido e a morte. En 1969, Ammu abandona o seu marido, alcohólico e maltratador, e marcha á casa familiar en Kerala, no suroeste da India, cos seus fillos xemelgos, Rahel e Estha. Como muller divorciada, é considerada unha paria, mesmo por parte da súa propia familia. A súa situación empeora cando rompe as estritas normas sociais ao namorarse dun dalit, un intocable. Vinte e catro anos despois, Rahel regresa a Kerala coa intención de reencontrarse co seu irmán, o que a leva a rememorar unha historia familiar que condicionou as súas vidas nun país marcado polo choque entre tradición e modernidade.