- Editorial:
- IRMÁS CARTONÉ
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-126247-3-1
- Páxinas:
- 192
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
O DOUTOR GLAS
SÖDERBERG, HJALMAR
O doutor Glas é un discreto médico cuxa sosegada e un tanto monótona vida vén alterar a visita da fermosa Helga Gregorius á súa consulta. Casada cun pastor moito máis vello ca ela e a quen non ama, Helga non é quen de seguir aturando as esixencias sexuais do seu marido e, desesperada, recorre ao doutor. A petición de Helga sitúa o doutor ante todo un conflito moral que vai debullando no diario que constitúe a novela, no que se fai preguntas sobre cuestións tan actuais como os dereitos da muller, o adulterio, o aborto e mesmo o homicidio.
Publicada orixinalmente en 1905, a obra de Söderberg provocou unha gran polémica na Suecia de principios do s. XX por poñer sobre a mesa temas que aínda hoxe nos revolven e que converten esta noveliña en todo un clásico das letras nórdicas.