
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2001
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-084-4
- Páxinas:
- 32
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Os contos do trasno
O GALO QUIRICO
ALONSO, TAREIXA
Había unha vez un galo, o galo Quirico,
que foi invitado á voda do tío Perico.
Como era moi presumido, arranxou ben as plumas,
a crista e mais o bico, e botou a andar lixeiro polo camiño...
O galo Quirico ía á voda do tío Perico cando atopou un becho que lle pediu ir con el. En vez de levalo, o galo papouno enteiro e seguiu o seu camiño. Pero quedáralle o bico manchado...
Non podía ir así á voda! Daquela, que podería facer este galo tan fachendoso?
O galo Quirico é un conto popular de marcada estrutura rítmica; un texto de fórmula que xoga co verso e que mantén o aire fresco da oralidade. Trátase dun conto creado non só para ser lido, senón tamén para ser contado.
As ilustracións de Alicia Suárez son sinxelas e expresivas, ao tempo que aportan a novidade de localizar un conto tradicional nun ambiente urbano. A ilustradora propón unha novidosa lectura das imaxes, que contrasta co estilo narrativo clásico.