- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9995-314-4
- Páxinas:
- 152
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa
O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS
RIVAS, PACO
Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da Señorita de Lobeiras e rematan coas Memorias do esqueleto Isolino, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente, abrigada da auga por un extraordinario paraugas.
Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario.
Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura.
***
Deitou no lenzo pinceladas afervoadas
ardorosas
de afeites
de adobíos
E mesturou cores nun relanzo da brisa
co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises
Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada
A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares
Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza
El era a única voz.
Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño
dos soños
Para que poidas soñar esperto
Durmido soña calquera.