
- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-16721-72-6
- Páxinas:
- 160
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Narrativa K
O PORQUÉ DE TODAS AS COUSAS
MONZO, QUIM
Éxito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, a trintena de historias breves que conforman «O porqué de todas as cousas»
son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó, a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa.
Comparado con Kafka, Borges e Rabelais e consagrado como un dos autores máis relevantes da súa xeración, Monzó retrata nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa, sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.