- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-19213-41-9
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
O SONO ANIMAL
LAZZARINO, SILVIA
Un libro informativo rigoroso e sorprendente para descubrir as curiosas e variadas formas de durmir que se dan na natureza. En O sono animal poderás coñecer as insospeitadas formas de descanso de máis dunha trintena de animais, tan diversas como a mesma natureza. Un paxaro que apaga a metade do cerebro mentres voa, unha mosca que adormece sobre a súa flor favorita e un peixe que se recosta na súa cama de burbullas... Uns dormen escasos minutos, mentres que outros o fan durante longas tempadas. A algúns gústalles permanecer enterrados e, a outros, apiñados no alto dunha árbore para que os depredadores non os alcancen. Unha obra cuxo minucioso contido científico se complementa cunhas elocuentes e detalladas ilustracións a acuarela.