- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-17094-91-1
- Páxinas:
- 158
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
O TECIDO DOS SOÑOS
PÉREZ TILVE, TERESA
"O tecido dos soños" gandúxase coas fías da memoria e do corazón. Velaí a arte alquímica da que se serve Teresa Pérez Tilve para hibridar realidade e ficción nun relato que é, a un tempo, testemuña dunha época e evocación entrañada do vivido.
No comezo da narración Laura chega destinada como mestra a unha parroquia do interior pontevedrés, producíndose un choque de mundos entre a súa vida formativa anterior (caracterizada polo ambiente universitario urbano, máis dinámico) e a súa nova realidade (unha Galicia case virxiliana, que semella ancorada no tempo).
Laura ha descubrir ben axiña as precarias condicións nas que terá que desenvolver o seu labor de ensinante: a escola avellentada; a ausencia de escusados; a convivencia da aula coas cortes, parede medianeira por medio; a inexistencia do máis elemental material escolar; a desconfianza da veciñanza, que non acaba de ver claro a conveniencia de lle enviar as nenas e nenos ás clases. En fin, todo un mundo de penurias e escasezas que dificultarán grandemente a súa tarefa.