
- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-9121-457-1
- Páxinas:
- 72
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- POESIA
O XIRO
GÓMEZ, NOELIA
Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade.
O xiro é o primeiro poemario dunha autora que valora o desprazamento ata convertelo en arma con que lexitimar o que cambia, permanece ou queda atrás. Coma quen aprende o son da fala ou escolle os materiais con que erguer un edificio, os seus versos dobran, ensartan e retórcense para soster o equilibrio. O eixo. A palabra.
ANTÍA OTERO