- Editorial:
- EDICIÓNS POSITIVAS
- ISBN:
- 978-84-939812-8-0
- Páxinas:
- 278
- Colección:
- < Xenérica >
OBRAS COMPLETAS, IV.
VIDAL BOLAÑO, ROBERTO
As obras incluídas neste volume -As ladaíñas pola morte do Meco, Ruada das papas e o unto, Antroido na rúa, Touporroutou da Lúa e o do Sol, Xaxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón e Romance do figos de ouro- conforman o conxunto de pezas "de portas abertas" do autor, unhas porque están pensadas para sacar as montaxes á rúa e as outras por non discriminaren o público por razóns de idade á entrada dos teatros: aquelas e estas expóñense á vista de calquera. Esta nova achega das obras completas pecha o círculo orixinal de Vidal Bolaño como dramaturgo total.
Roberto Vidal Bolaño naceu en xullo de 1950, no popular barrio de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. Comezou moi novo a traballar, e a interesarse polo teatro, a literatura e o cine. En 1975 crea o grupo Antroido, co que vive unha etapa moi creativa e participa intensamente na dinamización teatral en Galicia. En 1984 créase o Centro Dramático Galego, co que Vidal Bolaño colaborará activamente. A representación da obra Agasallo de sombras, da súa autoría, cáusalle represalias que o afastan do teatro. Coa obra Caprice de dieux o autor salda contas con toda esta etapa. A creación da Televisión de Galicia permítelle traballar no mundo audiovisual, na dobraxe ou como guionista e director. Volverá ao teatro creando a compañía Teatro do Aquí, nunha etapa de moita creatividade e conseguindo o soño da profesionalización teatral. Faleceu en setembro de 2002.