
- Editorial:
- IRMÁS CARTONÉ
- Ano de edición:
- 2024
- ISBN:
- 978-84-126247-6-2
- Páxinas:
- 336
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
OS MALAGANA
VERGA, GIOVANNI
Na vila de Aci Trezza, en Catania, vive a laboriosa familia de pescadores Toscano, alcumada os Malagana. Do noutrora extenso clan, só fican o viúvo Ntoni, o seu fillo Bastianazzo, Maruzza, a muller deste, e mais a súa pequena prole. O seu principal medio de sustento é a Providencia, a barca en que pescan. Grazas á barca e á casa en que todos conviven, os Malagana poden levar unha vida relativamente desafogada. Porén, o máis vello dos netos Ntoni ten que marchar para servir no exército do Reino de Italia, e isto vai trastornar todo o modo de vida da familia.
Nesta súa obra mestra, Verga relátanos a historia de varias xeracións dunha familia de pescadores sicilianos que se esforzan por alcanzar un benestar que descoñecen nun ambiente poboado de personaxes coloridos e entusiastas, unidos por unha mesma cultura e separados por antigas rivalidades.