- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-17094-89-8
- Páxinas:
- 188
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
OS NOMES DO VENTO
FERNÁNDEZ CASTRO, JUAN ANDRÉS
As historias que compoñen este libro apuntan nas máis diversas direccións, tanto temáticas coma estéticas, e son froito dun delongado proceso creativo ao que foron incorporándose sedimentos varios que explican a fasquía heteroxénea que amosan no seu conxunto.
Quen lea as páxinas deste libro decatarase pronto do fértil territorio ficcional no que habita o seu autor. As historias que o compoñen apuntan nas máis diversas direccións, tanto temáticas coma estéticas, e son froito dun delongado proceso creativo ao que foron incorporándose sedimentos varios que explican a fasquía heteroxénea que amosan no seu conxunto.
Do que digo son boa mostra a historia de recendos coloniais de A casa de Catalina Arencibia, mais tamén os relatos de protagonismo mozo A estrela fugaz, A rula, O estanque dos peixes vermellos, O monte, O peixiño vermello ou O río; a ácida visión do frikismo televisivo de A lercha; a refactura mítico literaria de A serea ou Novas tecnoloxías; a evocación familiar de A tola; a historia secular de A torre; o relato de terror debuxado en Abrente; o onirismo apocalíptico que propón Anxos da noite; a latencia do absurdo desesperante que abriga Auga fósil; o fantástico aberto ás portas de mundos paralelos que definen Mamede Salviña ou O paraíso perdido; a heroicidade case sobrehumana desa nai coraxe en Maternidade 4; a premonición paranormal de Melisa; o esbozo de epopea que traza O Corpo Santo; os relatos animistas encerrados en O vento, Luz de lúa nova e Pés lixeiros e mesmo o simbólico Un home ou ese espello das miserias ás que arrastra a cobiza que é Voitre voraz.