
- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-9995-226-0
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
OS TRES MOSQUETEIROS
DUMAS, ALEXANDRE
Tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez do clásico do escritor francés Alexandre Dumas, cunhas ilustracións que aproximan visualmente unha época e uns singulares personaxes ao público ao que a obra vai dirixida.
Os tres mosqueteiros introdúcenos nunha historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei que se desenvolve no século XVII francés. O relato, cheo de misterio, narra as aventuras do xove gascón D'Artagnan, desde a súa chegada a París para se poñer ao servizo do Rei como mosqueteiro, e dos xa experimentados mosqueteiros, Athos, Aramis e Porthos.
Os catro protagonistas, actuando baixo o lema ?Un para todos e todos para un?, enfróntanse ás intrigas palacianas encabezadas polo Cardeal de Richelieu para controlar a Corte e Francia.